SLIDER

domingo, 1 de diciembre de 2013

A unión dos continentes provocou a maior extinción da Terra

Un estudo atribúe a desaparición da maioría das especies do planeta hai 250 millóns de anos á integración de todas as masas de terra nunha soa chamada Pangea.
Unha pradaría submarina durante o Paleozoico, hai 340 millóns de anos

Aínda non existe unha explicación definitiva sobre que causou a Gran Mortaldade. As probas daquel suceso quedaron destruídas longo tempo atrás ou remataron sepultadas baixo toneladas de rochas máis recentes. Coas escasas pistas dispoñibles, os científicos apuntaron varias hipóteses, como o vulcanismo intensivo, o envelenamento dos mares e da atmosfera ou mesmo a colisión dun ou varios asteroides.

Dous científicos chineses elaboraron agora un estudo que responsabiliza da Gran Mortaldade á formación do supercontinentePangea ("toda a terra", en grego). A comezos do Permiano, o último período do Paleozoico, todos os continentes se fusionaron nunha única e colosal masa de terra duns 200 millóns de quilómetros cadrados, rodeada por un único océano, Pantalasa ("todos os mares", en grego).

No hay comentarios:

Publicar un comentario