SLIDER

domingo, 15 de diciembre de 2013

Un soldado británico controla un brazo biónico coa mente


Andrew Garthwaite perdeu a totalidade do seu brazo dereito durante un bombardeo na provincia de Helmand (Afganistán) contra os talibáns, en setembro de 2010. Durante meses, a súa vida cambiou drasticamente ante a incapacidade de realizar tarefas tan cotiás como preparar un café. Grazas á evolución da ciencia, este soldado británico de 26 anos puido recuperar a mobilidade mediante unha das próteses de brazo máis avanzadas do mundo que controla coa súa mente.

A extremidade dereita de Garthwaite desprendeuse á altura do seu ombro. Os cirurxiáns tomaron as puntas dos nervios que terían seguido ao longo do seu brazo ata a súa man e conectáronas cos músculos do seu peito. Unha conexión electrónica une esta área co seu brazo biónico.

"Tomamos todos os nervios que ían ao seu brazo e dirixímolos ao seu peito. Cando pensa en mover a súa man, o seu brazo ou os seus dedos os diferentes músculos da parede do seu peito actívanse", explica o cirurxián Oskar Aszmann.

No hay comentarios:

Publicar un comentario