SLIDER

martes, 3 de diciembre de 2013

A Célula. Tema 4 Bioloxía 4º ESO

Segundo a teoría celular, enunciada no ano 1839, non é concibible un organismo vivo nun elo máis baixo que o dunha célula. Deste modo, os seres vivos máis sinxelos constitúense por unha soa célula, como poden ser os protozoos causantes de enfermidades do home coma a malaria ou a doenza do sono. Tamén son unicelulares moitos organismos que se consideran plantas polo feito de sintetizaren os seus alimentos a partir da luz mediante o proceso da fotosíntese.

Non obstante, os organismos máis complexos da natureza están compostos por moitas células, conformando un animal ou planta pluricelular. As células, conforme aumentan a complexidade, diferéncianse entre elas para levar a cabo funcións específicas nas que se especializan.



VÍDEO: Visión da célula en 3D realizada pola Universidade de Harvard.
Subtitulada para mencionar organelos e algunhas das súas funcións para a clase de Organelos Celulares en Histoloxía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario