SLIDER

domingo, 15 de diciembre de 2013

GAIA, el GPS máis preciso da galaxia


O próximo xoves 19 de decembro, a Axencia Espacial Europea (ESA) poñerá en órbita a misión Gaia, que medirá as distancias e movementos de mil millóns de estrelas da Vía Láctea cunha precisión histórica. O satélite, que pode considerarse un GPS cósmico, afondará no coñecemento sobre a nosa galaxia e, polo tanto, sobre a nosa propia orixe.

Gaia partirá ás 10.12 hora peninsular española (poderás velo en directo na web da ESA) a bordo dun lanzador Soyuz-Fregat, que despegará dende o Porto Espacial Europeo, na Guyana Francesa. «Unha misión que vai observar mil millóns de estrelas implica un cambio de paradigma total na forma de facer astronomía», aseguraLuis Manuel Sarro, investigador do departamento de Intelixencia Artificial da UNED e membro do proxecto, no que participa un bo número de científicos españois.

No hay comentarios:

Publicar un comentario