SLIDER

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Raias e centolas!

O documental 'Marcados para sobrevivir' recolle a evolución, costumes e movementos de especies que habitan nas costas galegas.

Aquela quenlla marcada nas proximidades de Terra Nova, non moi lonxe da costa de Canadá, apareceu a 30 millas de Lisboa. 

A maragota da ría de Vigo, en cambio, tiña menos mundo: como é habitual na súa especie, non viaxou máis alá do que ocupa un campo de fútbol. 
A raia mosaico tampouco abandonou a ría, pero a sorpresa deuna unha centola da Coruña: malia as evidentes limitacións para a mobilidade dos da súa especie, rematou localizada na costa de Asturias.

Son conclusións en forma de imaxes do documental El mar do fin do mundo II: marcados para sobrevivir, producido por José Irisarri.


TRAILER

No hay comentarios:

Publicar un comentario