SLIDER

miércoles, 19 de septiembre de 2018

Confirmado: As bacterias do teu intestino producen electricidade



Unha investigación que se acaba de publicar en Nature e que foi realizada por científicos da Universidade de California en Berkeley (EE. UU.) revelou que centenares de bacterias da microbiota intestinal son capaces de producir electricidade. 
Ata agora atopouse microbios con esta capacidade en ambientes anóxicos (con ausencia de osíxeno), como minas e sedimentos de lagos, pero nunca no intestino. 

En concreto, os científicos descubriron un novo mecanismo para producir unha corrente eléctrica e que é usado por microbios como lactobacilos, estreptococos e patógenos causantes de diarrea ( Listeria monocytogenes), gangrena ( Clostridium perfringens) ou infeccións hospitalarias ( Enterococcus faecalis)...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario