SLIDER

viernes, 7 de septiembre de 2018

Descobren o queixo máis antigo do mundo, producido hai 7.200 anos


Nos últimos anos, unha nova técnica permite reconstruír esta gran historia do nacemento das civilizacións. Agora é posible estudar restos de cerámica en busca de rastros de alimentos, como os ácidos graxos. De feito, un estudo que se acaba de publicar na revista PLOS One, e realizado por científicos da Universidade do Estado de Pensilvania (EE. UU.), acaba de informar do achado das evidencias máis antigas de produción de queixo brando e iogur na rexión mediterránea. Os restos localizáronse na costa de Dalmacia, en Croacia, e teñen unha antigüidade de 7.200 anos.


Os investigadores suxeriron que os produtos fermentados tiveron un importante impacto nestas poboacións por dous motivos: porque o seu contido en lactosa é máis baixo que o do leite, (non hai que esquecer que a poboación adulta era intolerante), e porque eran facilmente almacenables...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario