SLIDER

sábado, 22 de marzo de 2014

O traxe espacial contra os 7 cm


Un dos efectos de viaxar ao espazo é que un regresa sendo máis alto. Aínda que pareza incrible, rexistráronse casos de astronautas que creceron ata 7 cm tras unha misión
O motivo é que sen a gravidade que comprime os ósos, a columna se alonga e os músculos e nervios se estiran. Pode parecer unha vantaxe, especialmente se non se presume de altura, pero o certo é que supón un auténtico problema de saúde. Este crecemento repentino causa dores de costas e mesmo pode provocar graves lesións co tempo. Unha vez na Terra, os astronautas están obrigados a exercitarse, xa que teñen catro veces máis posibilidades de sufrir unha hernia discal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario