SLIDER

viernes, 28 de marzo de 2014

Máis preto da vida artificial

É un gran paso para a enxeñaría biolóxica: un grupo de científicos logrou crear o primeiro cromosoma sintético de fermento.
Xa se conseguira deseñar con anterioridade ADN sintético para organismos máis simples, como bacterias.

Pero o fermento, como unha forma de vida cuxas células conteñen un núcleo, está relacionado con plantas e animais e comparte 2.000 xenes connosco.
Por iso a creación do primeiro dos 16 cromosomas do fermento é un enorme avance no novidoso e emerxente campo da ciencia coñecido como bioloxía sintética.
Os xenes no cromosoma orixinal foron substituídos con versións sintéticas e logo o cromosoma fabricado polo home foi integrado con éxito nunha célula de fermento.
Os científicos esperaron a que a célula se reproducise, superando así unha proba esencial de viabilidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario