SLIDER

martes, 18 de marzo de 2014

Que son as ondas gravitacionais?


Tal e como a define a teoría xeral da relatividade de Einstein, a gravidade acontece cando a masa deforma o espazo. Preto de calquera corpo masivo, o tecido do espazo cúrvase. Non obstante, esta curva non sempre queda preto do corpo masivo. A deformación pódese propagar a través do Universo, ao igual que as ondas sísmicas se propagan na codia terrestre. Pero a diferenza das sísmicas, as ondas gravitacionais poden viaxar no espazo baleiro, e á velocidade da luz, explican dende un especial publicado pola web da revista Nature con motivo do que considera un «fito científico»

No hay comentarios:

Publicar un comentario