SLIDER

sábado, 8 de marzo de 2014

Unha gasolineira espacial

Enxeñeiros do MIT propoñen localizar estacións de propelente a medio camiño entre a Terra e o noso satélite natural para servir a futuras misións lunares.

O equipo do MIT ten en conta que cada misión lunar leva unha provisión de «propelente de continxencia», combustible destinado a ser utilizado só en casos de emerxencia. Na maioría dos casos, este combustible non é necesario e déixase na Lúa ou quéimase cando a nave volve entrar na atmosfera da Terra.

No seu lugar, os do MIT propoñen que a nave que volva á casa deposite o tanque de continxencia na gasolineira espacial, de forma que a próxima misión poida recollelo de camiño á Lúa como a súa propia subministración de emerxencia. Se esta última remata por non o necesitar, pode facer o mesmo e deixar o combustible para a próxima misión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario