SLIDER

viernes, 28 de marzo de 2014

Que acontecerá se entra en erupción o supervolcán de Yellowstone?



O supervolcán de Yellowstone, no parque nacional do mesmo nome en EUA, é un dos maiores do mundo. En ocasións faise notar cun fluxo de lava, pero ten o potencial de causar unha auténtica devastación mundial. Unha ou dúas veces cada millón de anos entra en erupción violentamente, formando grandes caldeiras, cráteres que miden decenas de quilómetros de diámetro. Se unha erupción deste tipo volve acontecer, e a maioría dos científicos cre que así será, enfrontarémonos a un panorama apocalíptico. O evento arrasaría os arredores nun radio de centos de quilómetros, cubriría o resto do país e Canadá con varias polgadas de cinza, esnaquizaría a agricultura e provocaría un arrefriamento global do clima durante polo menos unha década. Algo semellante non aconteceu aínda na civilización moderna. Pode suceder nos próximos anos?

Ilya Bindeman, profesor de ciencias xeolóxicas na Universidade de Oregon, cre que podemos estar tranquilos. Ao seu xuízo, unha erupción semellante non se vai producir a curto prazo, a menos non ata dentro dun millón ou dous millóns de anos, probablemente en Montana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario