SLIDER

lunes, 17 de marzo de 2014

Primeira ollada "en directo" ao Big Bang


Hai uns 13.800 millóns de anos, o Universo que coñecemos irrompeu violentamente como consecuencia dunha grande explosión, o Big Bang. En menos do que dura un abrir e pechar de ollos, o Cosmos expandiuse de xeito exponencial, estendéndose ata un punto que nin sequera os mellores telescopios actuais son capaces de ver. É o que se coñece como inflación cósmica, cuxa evidencia directa acaba de ser anunciada por primeira vez. Un amplo equipo de investigadores, liderados polo Centro Harvard-Smithsonian para a Astrofísica, deu a coñecer, nunha rolda de prensa precedida por unha grande expectación, a primeira detección das ondas gravitacionais, pequenas deformacións no tecido do espazo-tempo que se transmiten á velocidade da luz e percorren todo o Cosmos. Descritas como os «primeiros tremores do Big Bang», o seu achado é considerado o «santo graal» da Cosmoloxía.

Estas ondas, preditas pola teoría xeral da relatividade de Einstein, foron descubertas polo Telescopio BICEP2 (Background Imaging of Cosmic Extragalactic Polarization), instalado no Polo Sur e que estuda a radiación cósmica de fondo (CMB), o débil resplandor que aínda nos chega da grande explosión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario