SLIDER

jueves, 27 de marzo de 2014

Fabrican un cromosoma sintético nunha célula de fermento


  • É a primeira vez que se logra producir ADN sintético nunha célula complexa como a que teñen todas as plantas e animais (incluíndo ser humano)

  • O achado abre a porta á posibilidade de producir alimentos, fármacos e biocombustibles con xenes artificiais que realizarían funcións programadas polo ser humano

Jef Boeke, que acaba de cambiar o seu posto na Johns Hopkins pola dirección do Centro Médico Langone de la Universidad de Nova York, e Chandrasegaran acaban de crear o primeiro cromosoma complexo fabricado dende cero no laboratorio e demostraron que cumpre as mesmas funcións que un natural e que non interfire na vida normal do fermento do pan ('Saccharomyces cerevisae') que usaron como modelo. 
O traballo, recén publicado na revista 'Science', supón un fito científico que foi comparado polos expertos coa secuenciación do xenoma humano e que abre a porta ao deseño de microorganismos capaces de producir biocombustibles, vacinas ou moitos dos compostos usados pola industria química.

No hay comentarios:

Publicar un comentario