Non só «resucitou», senón que ademais o vexetal segue crecendo. Esta planta, vital para o ecosistema en ambas as dúas rexións polares, demostrou que ten a capacidade de sobrevivir séculos e mesmo milenios, o que proporciona unha «emocionante nova visión da supervivencia da vida na Terra», segundo explican os investigadores na revista Current Biology.
Os científicos sabían que os mofos poden sobrevivir un par de décadas en condicións ambientais extremas, pero ata agora non se comprobara o seu potencial para sobrevivir prazos moito máis longos.
Os científicos sabían que os mofos poden sobrevivir un par de décadas en condicións ambientais extremas, pero ata agora non se comprobara o seu potencial para sobrevivir prazos moito máis longos.
Os investigadores tomaron mostras do mofo libres de contaminación das profundidades dun banco conxelado na Antártida, que xa tiñan polo menos un par de décadas antes de quedar xeada por primeira vez. Despois, foron colocadas nunha incubadora a unha temperatura normal de crecemento. Pasadas unhas poucas semanas, comezaron a crecer. Utilizando a datación por carbono, o equipo identificou que o mofo tiña polo menos 1.530 anos de antigüidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario