SLIDER

miércoles, 26 de marzo de 2014

O misterio do avión de Malaisia desaparecido resolveríase dende o espazo

Como pode desaparecer un avión de máis de 200 pasaxeiros nun mundo no que case cada persoa leva un GPS no seu móbil? A resposta é que nin sequera as tecnoloxías actuais poden impedilo.

O voo de Malasia Airlines tiña dous sistemas principais para ser localizado. O primeiro, o radar, non ten cobertura mar dentro. O segundo, o traspondedor, puido avariarse ou ser apagado.

Outro sistema envía datos técnicos á aeroliña. Un cuarto dispositivo permite enviar sinais de alerta en caso de emerxencia. Por agora os datos públicos destes sistemas non permitiron encontrar o avión.

Ao non ter cobertura en voo, os GPS dos móbiles serven para localizar os pasaxeiros, segundo explicaron expertos en aviación.

A outra forma de evitar que un avión desapareza é seguilo por satélite. De feito, xa hai en marcha unha nova xeración de localizadores que pasa de usar torres de control, radares, etcétera para basearse nos sinais GPS por satélite.

O novo sistema chámase NextGen e EUA traballa en implementalo. Os satélites permiten controlar os océanos e poderían ter evitado que o avión malasio desaparecese.



No hay comentarios:

Publicar un comentario