A fibrose cística, é unha das enfermidades xenéticas máis frecuentes na raza caucasiana cunha incidencia na poboación española, segundo recentes estudos de cribado neonatal, de aproximadamente 1/5.000 nados vivos. Ao presentar unha herdanza autosómica recesiva, calcúlase que un 4-5% da poboación xeral son portadores desta entidade na raza branca.
É esta unha enfermidade das glándulas exócrinas que afecta a múltiples órganos e sistemas, debido á existencia de alteracións hidroelectrolíticas e das mucoproteínas a nivel glandular, orixinándose secrecións anómalas e espesas que producen obstrución e infección coas consecuentes manifestacións clínicas.
)
No hay comentarios:
Publicar un comentario