A Academia Norueguesa de Ciencias e Letras outorgou o premio Abel 2019, considerado o ‘Nobel’ das matemáticas, á estadounidense Karen Keskulla Uhlenbeck “polo impacto do seu traballo en análise, xeometría e física matemática”. Esta profesora da Universidade de Texastamén é unha firme defensora da igualdade de xénero na ciencia.
Karen Keskulla Uhlenbeck (Cleveland-Ohio, 1942) é o nome que anunciou hoxe a Academia Norueguesa de Ciencias e Letras, quen recoñece “os seus logros pioneiros en ecuacións diferenciais parciais xeométricas, teoría de gauge e sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo na análise, a xeometría e a física matemática”. Os seus estudos sentaron as bases para modelos xeométricos contemporáneos en matemáticas e física.
O interese da galardoada pola teoría de gauge inspirouse nos traballos dun compañeiro tamén laureado co premio Abel, o defunto Sir Michael Atiyah. Esta teoría é unha linguaxe matemática da física teórica, e as achegas de Uhlenbeck nesta área foron esenciais para a comprensión matemática moderna de modelos en física de partículas, teoría de cordas e relatividade xeral...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario