SLIDER

miércoles, 27 de marzo de 2019

Recuperan actividade biolóxica nun mamut de 28.000 anos



Yuka (así o chamaron os científicos) é un mamut laúdo que viviu hai 28.000 anos en Siberia. É o protagonista dun importante logro da ciencia. Un equipo de investigadores xaponeses acaba de publicar en Scientific Reports un artigo no que dan conta da recuperación de actividade biolóxica a partir dos restos de Yuka. Os científicos recolleron as partes menos danadas de estruturas do núcleo da célula do mamut, pertencentes á médula ósea ou ao tecido muscular, e implantáronas en ovocitos de ratos vivos despois da transferencia nuclear.

E as análises demostraron a presenza de compoñentes nucleares nos restos estudados. “O noso traballo proporciona unha plataforma para avaliar as actividades biolóxicas do núcleo nas especies animais extintas”, contan os investigadores no traballo. Porén, a clonación está lonxe: “Os resultados amosan de novo a imposibilidade de facto de clonar o mamut coa tecnoloxía actual, pero a nosa achega abre o camiño para estudar estas actividades biolóxicas”, conclúen...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario