Cada vez que respiramos, a metade do osíxeno que entra nos pulmóns producírona os microbios do plancto mariño. Os virus son os demiurgos deste universo microscópico. Son dez veces máis numerosos que os microbios do plancto: nos océanos hai 1.000.000.000.000.000.000.000.000.000.000 virus, case tres veces máis que galaxias no universo.
O traballo baséase nos datos recolleitos durante a expedición Tara Oceans, levada a cabo entre 2009 e 2013 a bordo dunha goleta de casco de aluminio que percorreu todos os océanos do planeta tomando mostras de auga a diferentes profundidades. Os resultados presentan 12 veces máis virus novos que os identificados ata agora, precisamente durante unha expedición previa do mesmo barco.
O traballo mostra que os virus mariños distribúense en cinco zonas ben diferenciadas: o océano Ártico, o Antártico, as augas superficiais e tépedas próximas aos trópicos, as capas intermedias a profundidades de entre 150 metros e 1.000 metros e, por último, as zonas máis profundas ata chegar ao fondo mariño. Os datos desta última zona proveñen da expedición española Malaspina, realizada entre 2010 e 2011, que recolleu microbios e virus a ata 4.000 metros de profundidade.
Entre esas cinco áreas hai dous auténticos fervedoiros virales cunha diversidade de especies moito maior que o resto...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario