SLIDER

martes, 30 de abril de 2019

El ADN desvela una nueva especie de chimpancé extinto



O traballo apunta a que fai uns 450.000 anos —uns 100.000 antes de que aparecesen en África os primeiros Homo sapiens— unha especie de chimpancés descoñecida ata agora cruzou o caudaloso río Congo, atopouse cos bonobos, unha especie distinta de primates, e ambos tiveron sexo e fillos fértiles. O eco daquel encontro entre especies segue aínda vivo no xenoma dos bonobos actuais, que levan no seu xenoma ao redor dun 1% do ADN daquela especie de chimpancé “pantasma” que se extinguiu. Son cruces similares, pero moito máis antigos, que os que xa se coñecían entre especies humanas. Por exemplo, todas as persoas actuais de fóra de África levan un 3% de ADN neandertal froito de cruces fai uns 55.000 anos.

"Esta é a primeira vez que se descobre un cruzamento entre especies noutro xénero que non sexa o humano”, resalta Tomás Marqués- Bonet, xenetista do Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona e autor principal do estudo, publicado en Nature Ecology and Evolution...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario