domingo, 31 de mayo de 2015
sábado, 30 de mayo de 2015
viernes, 29 de mayo de 2015
Turbinas eólicas sen aspas Made Spain
Vortex Bladeless é unha startup española que conta cun único pero peculiar producto:unha turbina eólica sen aspas. A idea, que de entrada soa tan inverosímil como un auto sen rodas ou un avión sen ás, conseguiu a atención de centos de enxeñeiros, sobre todo de Boston, onde actualmente se encontran operando.
O dispositivo de Vortex é un cilindro vertical de fibra de vidro en forma de cono, cunha estrutura lixeira, pero ríxida, a cal converte as brisas e os ventos en enerxía eléctrica. As turbinas de Vortex conseguen prescindir das clásicas aspas dos muíños grazas ao fenómeno da vorticidade, do que toman o seu nome. A vorticidade é un efecto aerodinámico que produce un patrón de vórtices que xiran.
Pero as turbinas da compañía non son só peculiares polo seu deseño, senón que permiten unha diminución dos custos do proceso de fabricación nun 53%.
Pero as turbinas da compañía non son só peculiares polo seu deseño, senón que permiten unha diminución dos custos do proceso de fabricación nun 53%.
O prototipo actual permite que o mastro vibre tanto como sexa posible (un aumento de masa reduce a frecuencia natural). Na base do cono colócanse dous aneis, os cales actúan como unha especie de motor non eléctrico. Cando o cono oscila, os imáns de repulsión tiran del na outra dirección, cun lixeiro empuxón para impulsar o movemento do mastro independentemente da velocidade do vento.
Espérase que no 2016 se lance unha versión pequena de 12 metros, pero os investigadores pretenden elaborar estruturas de ata 100 metros para o 2018.
jueves, 28 de mayo de 2015
Descobren unha peza clave na orixe da vida
A orixe da vida provén dunha única célula. Isto é algo que promove a comunidade científica mundial dende hai varios anos, pero ata agora a explicación da evolución dos seres vivos ten algúns baleiros. Unha destas pezas claves do crebacabezas foi descuberto esta semana por un equipo liderado pola Universidade de Uppsala, Suecia: o microbio Lokiarchaeota.
O descubrimento deste novo microbio permite comprender como miles de millóns de anos atrás, estes simples microbios deron lugar ás células complexas que hoxe conforman aos seres vivos.
A investigación, que contou coa participación da Universidade de Bergen, de Noruega, se publicou na revista Nature, e sostén que este novo grupo de microorganismos é clave para a transición cara á vida, xa que "Loki representa unha forma intermedia entre as células simples e as células eucarióticas complexas", asegura Thijs Ettema, doutor en Microbioloxía de Uppsala.
Este descubrimento resultou tan revolucionario como o realizado polo biólogo Carl Woese nos anos 70', dos microorganismos coñecidos como "arqueas", outras das pezas do crebacabezas da vida.
Non obstante, Ettema advirte que "aínda hai moito por descubrir, e estou convencido de que nos veremos obrigados a revisar os libros de texto de Bioloxía con máis frecuencia nun futuro próximo".
O descubrimento deste novo microbio permite comprender como miles de millóns de anos atrás, estes simples microbios deron lugar ás células complexas que hoxe conforman aos seres vivos.
A investigación, que contou coa participación da Universidade de Bergen, de Noruega, se publicou na revista Nature, e sostén que este novo grupo de microorganismos é clave para a transición cara á vida, xa que "Loki representa unha forma intermedia entre as células simples e as células eucarióticas complexas", asegura Thijs Ettema, doutor en Microbioloxía de Uppsala.
Este descubrimento resultou tan revolucionario como o realizado polo biólogo Carl Woese nos anos 70', dos microorganismos coñecidos como "arqueas", outras das pezas do crebacabezas da vida.
A SÍNTESE PREBIÓTICA: EXPERIMENTO DE MILLER, BIOLOXÍA MOLECULAR
O experimento de Miller e Urey representa a primeira comprobación de que se poden formar espontáneamente moléculas orgánicas a partir de substancias inorgánicas simples en condicións ambientais adecuadas.
Foi levado a cabo en 1952 por Stanley Miller e Harold Clayton Urey na Universidade de Chicago. O experimento foi clave para apoiar a teoría do caldo primordial na orixe da vida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
