Gráfico do Reparto de Auga Subterránea |
Un mapa xeolóxico elaborado por científicos británicos mostra que África descansa sobre unha reserva inmensa de auga subterránea, cuxos maiores acuíferos se situarían no norte, segundo explicou Alan MacDonald, o xeólogo que liderou a investigación.
O volume total de auga subterránea ascendería a medio millón de quilómetros cúbicos, unha cantidade, que equivale a vinte veces a auga procedente das precipitacións anuais en toda África.
Arredor da metade destas reservas -que datan de hai uns 5.000 anos- encontraríanse en Libia, Alxeria e Chad, coincidindo cunha parte do deserto do Sahara, detallou MacDonald.
"Estas grandes bolsas de auga poderían aliviar a situación de máis de 300 millóns de africanos que non dispoñen de auga potable, así como mellorar a produtividade dos cultivos", afirmou este experto, da institución científica British Geological Survey...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario