SLIDER

domingo, 1 de abril de 2012

Os Ollos, por: Tres14



"Durante moito tempo pensouse que o ollo era tan extraordinario que non podía ser froito da evolución xenética. Cría que era case un milagre. Mesmo Darwin dixo unha vez que a complexidade do ollo lle daba calafríos.

Hoxe grazas á xenética sabemos que os primeiros animais con ollos apareceron hai 500 millóns de anos e que os primeiros ollos eran simples mecanismos que diferenciaban só a luz da escuridade. Máis tarde, cos primeiros vertebrados, apareceu o cristalino, a lente capaz de enfocar a luz e facer que os ollos poidan crear imaxes. A evolución levou as aves de presa a ver a luz ultravioleta e aos lagartos a adaptarse á luz do deserto.

Pero todos estes ollos, mesmo os nosos, son variacións dun mesmo ollo primario."


O Programa de TV de La2, "tres14" fálanos desto todo e ademáis entrevista á Doutora Elena Barraquer, oftalmóloga e subdirectora do Centro de Oftalmoloxía Barraquer en Barcelona, que nos explica que sabemos hoxe dos nosos ollos e como avanzaron as técnicas para corrixir os seus defectos e enfermidades.

Para ver a reportaxe PICA na foto.








No hay comentarios:

Publicar un comentario