SLIDER

domingo, 1 de abril de 2012

Microvida. Máis alá do ollo humano

O pequeno e invisible convértese nun espectáculo xigante. Unha exposición en Madrid, patrocinada pola Obra Social "La Caixa", demóstranos que o máis pequeno e inapreciable para o ollo humano, pode cobrar vida e mostrarse como algo xigante e case terrorífico.

A exposición baséase na magnífica obra gráfica do fotógrafo e biólogo Rubén Duro, que explorou o mundo microscópico mediante a técnica do campo escuro, obtendo imaxes esteticamente conmovedoras de individuos sorprendentes.

Micro vida. Máis alá do ollo humano é unha mostra científica, divulgativa e moi interactiva, que nun espazo de 800 m2 mostra ao visitante a importancia dos microscopios e a microscopía científica para o estudo e a observación da natureza cando é imposible de ver a simple vista.


VideoNoticia





Más vídeos en Antena3

No hay comentarios:

Publicar un comentario