De momento Usain Bolt é o humano máis rápido sobre a face da Terra. En 2009 correu os 100 metros lisos en 9 segundos e 58 centésimas. Alcanzou os 44,79 quilómetros por hora. Un sprint suave para un galgo, que case chega aos 70. Un paseo para un guepardo, ao que se cronometrou por enriba dos 100.
A auga é o elemento máis hostil para os seres humanos. Non poden respirar, e a súa anatomía non está adaptada para moverse con axilidade. O nadador máis rápido do mundo non chega a desprazarse a 9 km/h. Unha velocidade de «trote» se fose sobre terra asine. Un marraxo común, a quenlla co título do máis rápido do océano, é capaz de alcanzar os 124 km/h.
En grandes distancias os seres humanos son moi bos, pero aínda teñen rivais insuperables. En 2011 unha manda de huskies siberianos -cans de tiro- percorreu 2.000 quilómetros por bosques, tundra e ríos xeados en menos de nove días. O corredor grego Yiannis Kourossuperou a metade desa distancia en seis días. O record absoluto de distancia a pé teno o húngaro Istvan Sepos, que meteu ás súas pernas 20.100 quilómetros en 263 días. Máis de 76 cada xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario