SLIDER

martes, 24 de julio de 2012

Repaso Bioloxia 3º ESO. Tema 1

Preguntas de exame do libro de texto:

  1. Por que cres que as células do sistema nervioso presentan numerosas prolongacións?
Porque as células nerviosas nerviosas establecen circuitos unhas con outras e para iso é necesario que posúan prolongacións que as conecten.


2. Por que unha célula do noso organismo non pode vivir separada do resto e, con todo, a única célula que constitúe un protozoo sobrevive perfectamente?


A especialización celular implica que algunhas funcións se realizan de forma óptima, mentres que outras se perden. Por iso, non é posible a supervivencia dunha célula separada doutras que realizan funcións que ela non pode realizar. Nun organismo unicelular (protozoo), a única célula existente ten que levar a cabo todas as funcions e pode sobrevivir de forma individual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario