SLIDER

lunes, 21 de diciembre de 2015

Que hai na man sucia dun neno? A mellor foto científica do ano


A proba gráfica do que pode conter a man sucia dun neno recibiu o primeiro premio na categoría Xeral da 13ª edición do certame de fotografía científica FOTCIENCIA

O concurso de ámbito nacional, organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra, pretende achegar a ciencia aos cidadáns a través de imaxes belas e impactantes.

O primeiro premio, obra de Raúl Rivas e Lorena Celador, mostra a pegada dunha nena de seis anos que pousou a súa man sobre unha placa de Petri. A fotografía, tomada tras incubar a placa durante dous días, reflicte colonias de fermentos e unha gran diversidade de bacterias en distintas formas e tonalidades.

Se queres ver o resto das fotografías PICA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario