SLIDER

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Crean o material máis fino que pode collerse coa man




Imaxina un material miles de veces máis fino que unha folla de papel e centos de veces máis delgado que o filme transparente ou o papel de aluminio que utilizamos na cociña. Creado por investigadores da Universidade de Pensilvania, estas placas onduladas de óxido de aluminio son as máis finas que poden ser recollidas e manipuladas coa man, e tan flexibles, que poden recuperar a súa forma natural despois de ser dobradas e retortas. Segundo publica Nature Communications, este enxeño podería ser utilizado na aviación e noutras aplicacións estruturais nas que a lixeireza é imprescindible.

O grafeno, que pode ser tan delgado como un só átomo de carbono, foi o modelo para a creación de materiais ultradelgados, xa que o descubrimento gañou o Premio Nobel de Física en 2010. O grafeno é moi apreciado polas súas propiedades eléctricas, pero a súa resistencia mecánica é tamén moi atractiva. 

Os investigadores cren que esta combinación de características pode ser útil para a fabricación de materiais destinados á creación de ás para robots voadores inspirados en insectos ou noutras aplicacións nas que a lixeireza e a dureza mecánica son críticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario