SLIDER

sábado, 12 de diciembre de 2015

Un estudo de Santiago sobre o ADN da escravitude, no Top 10 do mundo



A revista Archaeology do Instituto Americano de Arqueoloxía destaca un estudo sobre o tráfico de escravos de hai 300 anos no que participa o investigador da Unidade Xenética do Instituto de Ciencias Forenses e profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas Ellacuriaga como un dos dez descubrimentos máis importantes do ano 2015 no mundo da arqueoloxía. 

Neste proxecto internacional de investigación sobre xenética, Antonio Salas, xunto con outros investigadores das universidades de Oxford, Copenhague, Stanford e Leiden, analizaron por primeira vez a escala xenómica o ADN de restos humanos enterrados no Caribe no século XVII durante o período do tráfico de escravos transatlántico.

O estudo analizou o xenoma enteiro de tres individuos enterrados na illa de San Martín orixinarios, segundo os resultados da investigación, de grupos bantús do norte de Camerún e de comunidades non bantús de Nixeria e Ghana. 

Este traballo “indica polo tanto a procedencia dos escravos levados á illa de San Martín hai 300 anos e ilumina o proceso de configuración das comunidades afroamericanas e como puideron sobrevivir as culturas africanas no continente americano despois da súa chegada ao novo mundo”, segundo explica Antonio Salas Ellacuriaga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario