SLIDER

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Por que a Teoría da Relatividade de Einstein é necesaria para ver a tele ou non perderse co GPS?


No Colexio apréndese que o espazo e o tempo son dúas magnitudes ríxidas que non cambian dun sitio a outro. Un segundo é un segundo, e un metro é un metro, aquí e en Júpiter. Pero, o 25 de novembro de 1915 Albert Einstein presentou unha innovadora e revolucionaria fórmula matemática que podía cambialo todo.




O seu principal labor era describir como o espazo e o tempo non eran entidades ríxidas, senón que estaban vivas. En concreto, Einstein sostiña que constituían unha nova entidade coñecida como espazo-tempo, e que esta podía ser deformada pola gravidade e pola velocidade. Cantas máis intensas fosen estas magnitudes, máis podía deformarse ese espazo-tempo. Por iso, os segundos e os metros xa non medían o mesmo en todas partes, senón que eran relativos (á velocidade e á gravidade).

Un GPS con quilómetros de erro

«Se os GPS non tivesen en conta a relatividade do tempo, debida á velocidade dos satélites e á súa altura no campo gravitacional da Terra, os reloxos atómicos do seu interior perderían a calibración», indica Fernández Barbón. «Ao cabo dun día, acumularían un erro de quilómetros e deixarían de ser útiles».

O motivo é que, o tempo e o espazo na superficie da Terra e nun satélite están sometidos a distintas velocidades e a distintas intensidades no campo gravitatorio. Por iso, non son iguais e o GPS se desajusta.

Televisións vellas que aceleran partículas

«As televisións antigas, que usan tubos de raios catódicos, son pequenos aceleradores de partículas que fan que os electróns choquen contra unha pantalla. Estes electróns van moi rápido (ao 30% da velocidade da luz), así que hai que deseñar imáns para dirixilos que teñan en conta as fórmulas da relatividade», segundo o científico. Sen Einstein, estas teles non funcionarían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario