SLIDER

domingo, 20 de enero de 2013

Datos da NASA confirman que existe quentamento global

O ano pasado foi o noveno máis quente dende 1.880. Os nove anos máis temperados nos rexistros que se teñen de 132 anos aconteceron dende 2000
Segundo os científicos da NASA, "está última década foi máis morna que a anterior que, á súa vez, foi máis morna que a precedente".

As causas, para Gavin Schmidt, científico do Instituto Goddard de Estudios Espaciales, son evidentes. Na súa opinión "o planeta estase a quentar porque estamos a bombear cantidades crecentes de dióxido de carbono na atmosfera".

Segundo datos da propia NASA, o nivel de CO2 na atmosfera era dunhas 285 partes por millón (ppm) en 1880, en 1960 a concentración era xa de 315 ppm. Actualmente, está por enriba de 390 ppm.




Más vídeos en Antena3

No hay comentarios:

Publicar un comentario