Un equipo da cadea estadounidense Discovery Channel gravou por primeira vez nas profundidades mariñas unha lura xigante. Cre que corresponde ao invertebrado máis grande do mundo xa que pode alcanzar uns mil quilos de peso e mide en torno a 20 metros de lonxitude.
Os membros do equipo empregaron un somerxible que captou as imaxes o verán pasado a unha profundidade de 630 metros grazas a unha cámara de alta definición.
O animal captado tiña uns 3 metros de longo, aínda que carecía dos seus dous tentáculos máis prominentes, polo que se cre que en orixe puido medir 8 ou 9 metros.
No vídeo, que se poderá ver en primicia en Xapón o 13 de xaneiro e posteriormente en EUA o 27 de xaneiro, o exemplar alimentouse dun cebo colocado polo equipo, composto por outra lura máis pequena dun metro de longo. Nese momento, as imaxes captan de preto os enormes ollos do animal e as súas ventosas, duns 5 centímetros de ancho, segundo desvelou NHK.
O vídeo pode axudar...ler máis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario