SLIDER

miércoles, 23 de enero de 2013

HOMEOSTASE: Definición e exemplo



A Homeostase é a característica dun organismo vivo, para manter unha condición estable e constante. A homeostase é posible grazas aos múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación.


EXEMPLO: Homeostase da GLICOSA NO ORGANISMO:

A cantidade de glicosa no noso organismo varía sobre todo á hora de inxerir alimentos; o sistema de control deste nutrinte basease na segregación de dúas hormonas grazas ao páncreas. Así:

  • Cando o sistema nervioso detecta un nivel de glicosa en sangue ALTO (xusto despois de comer) mándalle unha orde ao páncreas para que comeza a producción de Insulina, para rebaixar a cantidade de glicosa.

  • Cando o sistema nervioso detecta un nivel de glicosa en sangue NORMAL (cando a insulina xa actuou) mándalle unha orde ao páncreas para que deteña a producción de insulina e así conseguir que a cantidade de glicosa se manteña Normal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario