SLIDER

sábado, 9 de agosto de 2014

O cráter do fin do mundo...cambio climático

Segundo os investigadores o enorme burato está relacionado coa fusión dos xeos perpetuos baixo a tundra.


O coñecido como «cráter do fin do mundo» localizado no norte de Siberia e cuxa imaxe conseguiu máis de 9 millóns de visitas en YouTube non é único e é un fenómeno natural que corrobora o cambio climático, segundo científicos da Universidade de Tomsk (Siberia).

«O cráter confirma que o cambio climático é real. O extraordinario é que este fenómeno a toda vista natural acontecese nun espazo de tempo tan curto, ante os nosos ollos», asegurou Leonid Rijvanov, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Tomsk (Siberia), en declaracións a EFE.

Normalmente, os fenómenos xeolóxicos son resultado de procesos de centos ou miles de anos, pero os «buratos negros», como tamén son coñecidos os cráteres aparecidos na península de Yamal, que significa «Fin da Terra» en lingua aborixe, son relativamente recentes.

«Son consecuencia directa do quentamento do noso planeta que está a provocar que se derretan os xeo perpetuos que cobren a tundra siberiana. Aínda que non é algo catastrófico, xa que Siberia é un lugar moi sensible aos cambios», apuntou Rijvanov.

Rijvanov recordou que o xeo contén gas e cando se reduce o espesor da superficie xeada, ese gas sae disparado coma se se tratase de fumarolas nas zonas volcánicas e crea eses buratos con formas tan ideais, que parecen feitas polo home, por extraterrestres ou un meteorito, como se comenta nas redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario