SLIDER

jueves, 21 de agosto de 2014

Achan por primeira vez un ecosistema completo baixo os xeos da Antártida


Baixo os xeos da Antártida hai vida en abundancia. Acábao de demostrar unha expedición norteamericana, chamada Wissard (Whillans Ice Stream Subglacial Access Research Drilling), formada por investigadores de varias universidades e que esta semana publicou en Nature as súas primeiras conclusións. Baixo unha capa de xeo de máis de 800 metros de grosor, os científicos encontraron todo un ecosistema vivindo nun lago subterráneo ao que a luz e o aire non chegaron en millóns de anos.

As formas de vida descubertas son microorganismos unicelulares que para subsistir converten amoníaco e metano en enerxía. A maior parte destes organismos pertencen ao dominio das Arqueas, no que se encontran os seres vivos máis antigos do planeta. A investigación ten implicacións para a busca de vida noutros ambientes extremos, tanto na Terra como noutros mundos do Sistema Solar.

En canto ás especies encontradas, resulta moi dificil a súa identificación, pero, afirma Christner pola súa banda, "vimos unha columna de auga que probablemente ten unhas 4.000 scosassquepoderiamos chamar especies. Existe unha incrible diversidade".

O equipo de Wissard volverá perforar durante o próximo verán austral. Wissard é o primeiro esforzo multidisciplinar a grande escala para examinar directamente a bioloxía do ambiente subglacial antártico. A masa de xeo da Antártida cobre unha superficie equivalente a unha vez e media a dos Estados Unidos e contén o 70% da auga doce da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario