SLIDER

miércoles, 3 de septiembre de 2014

"Laniakea" o noso fogar no Universo


Aí é onde estamos. Investigadores definen os contornos dun xigantesco conxunto de galaxias ao que pertence a nosa, a Vía Láctea.

As galaxias non están distribuídas ao azar en todo o Universo, senón que forman parte dunha especie de xogo cósmico de bonecos rusos. Encóntranse en grupos, como o noso, o Grupo Local, que contén ducias de galaxias, unhas vinte, e en cúmulos masivos, onde hai centos de galaxias, todas interconectadas nunha rede de filamentos no que as galaxias se ensartan como perlas. Cando estes filamentos se entrecruzan, aparecen estruturas colosais, chamadas «supercúmulos». Estas estruturas están interconectadas, pero os seus límites non sempre están ben definidos.

Agora, un equipo internacional de astrónomos dirixido por R. Brent Tully, da Universidade de Hawái en Manoa, estableceu os contornos do inmenso supercúmulo de galaxias que conteñen á nosa, a Vía Láctea. Nomearon ao supercúmulo «Laniakea», que significa «ceo inmenso» en hawaiano, en honor aos navegantes polinesios que utilizaban os seus coñecementos sobre o ceo para viaxar a través da inmensidade do Océano Pacífico. A investigación aparece publicada na revista Nature, que lle dedicou a súa portada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario