martes, 30 de septiembre de 2014
Crean unha capa de invisibilidade tan asombrosa como sinxela
John Howell, profesor de física na universidade estadounidense, utilizou catro lentes estándar que manteñen o obxecto oculto á vista mesmo aínda que o espectador se mova a varios graos de distancia da posición de visualización óptima. «Este é o primeiro dispositivo coñecido que pode ocultar obxectos en tres dimensións vistos dende distintos ángulos e no espectro visible», di Joseph Choi, estudante de doutorado no Instituto de Óptica de Rochester.
Outras capas de invisibilidade funcionan ben cando se mira un obxecto en liña recta, pero se se move o punto de vista, aínda que sexa un pouco, o obxecto faise visible. De igual forma, cambian o fondo drasticamente, polo que é obvio que o dispositivo de ocultación está presente.
Co fin tanto de facer invisible un obxecto coma de deixar o fondo sen distorsións, os investigadores determinaron o tipo de lente e a distancia precisa para separar as catro lentes. Para probar o seu dispositivo, colocaron un obxecto en fronte dun fondo de rede. Ao mirar a través das lentes e cambiar o seu ángulo de visión, movendo de lado a lado, a rede cambiaba en consecuencia coma se o dispositivo de ocultamento non estivese alí. Non había ningunha descontinuidade nas liñas de cuadrícula detrás do obxecto ocultado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario