SLIDER

viernes, 26 de septiembre de 2014

A capa de xeo Ártico rexistra o sexto nivel máis baixo en 36 anos



A capa de xeo do Ártico rexistrou este verán boreal o seu sexto nivel máis baixo en 36 anos, con 5,02 millóns de quilómetros cadrados, informou hoxe o Centro Nacional da Neve e o Xeo de Estados Unidos.

Esta superficie, a sexta menor dende que os satélites espaciais comezaron o seguimento en 1979, dista non obstante do récord de 2012, cando se rexistrou o mínimo de 3,41 millóns de quilómetros cadrados.

A extensión actual, medida o 17 de setembro, sitúase un 19% por debaixo da medida dos últimos 36 anos, é dicir, é 1.199,2 quilómetros cadrados menor que a media.

Setembro é o mes no que o xeo do Ártico rexistra a súa menor extensión do ano, coincidindo co fin do verán no hemisferio norte.

"O verán comezou relativamente fresco e careceu das grandes tormentas e ventos persistentes que poden romper o xeo e incrementar a súa fusión", explicou Walter Meier, investigador doGoddard Space Flight Center da NASA, nun comunicado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario