SLIDER

lunes, 22 de septiembre de 2014

Pesan todas as formigas máis que a humanidade enteira?


Existe a crenza de que se se xuntasen todas as formigas que habitan a Terra, o montón pesaría máis que o que formaría a humanidade enteira. Esta afirmación foi proposta por primeira vez en 1994 polo investigador Edward O. Wilson, da Universidade de Harvard (EUA), e o biólogo alemán Bert Hoelldobler no seu libro «Viaxe ás formigas».

Estes científicos fixeron os seus cálculos para unha poboación total de 10.000 trillóns de formigas, que son o 1% de todos os insectos vivos no mundo. A súa idea baséase en que un ser humano medio pesa un millón de veces máis que unha formiga media. Unha interesante reportaxe da BBC pon en cuestión o argumento.

Un humano medio pesa 62 quilos, así que iso supoñería que as formigas pesan uns 60 miligramos. Non obstante, segundo explica á BBC Francis Ratnieks, profesor de apicultura da Universidade de Sussex (Reino Unido), só as moi grandes poden chegar a ese peso. «A formiga común de debe roldar un miligramo ou dous», sinala. E moitos expertos poñen o peso medio en 10 mg, moito menos do que estimaban Hoelldobler e Wilson.

Aínda que ninguén sabe cantas formigas hai no mundo e os expertos avisan de que o número estimado é excesivo, a reportaxe da BBC está disposta a aceptalo para facer o cálculo. Pero mesmo con eses números ao grande, as formigas perden e por goleada: Os 7.200 millóns de seres humanos pesan uns 450.000 millóns de quilos. Se consideramos que hai 10.000 trillóns de formigas no mundo cun peso medio de 4 mg, o peso vén a ser de 40.000 millóns de quilos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario