A auga é fundamental para a vida, polo menos tal e como a coñecemos, e dende logo resultou indispensable para o seu desenvolvemento na Terra. Pero, de onde procede? Cando se orixinou?
Unha interesante investigación realizada por un equipo internacional de científicos dirixidos pola Institución Carnegie (EUA) e publicada na revista Science chegou á conclusión de que gran parte da auga que existe no noso planeta pode ser máis antiga que o mesmo Sol.
Xa existía antes de que o noso Sistema Solar comezase a súa formación hai 4.600 millóns de anos. Iso non só significa que a botella dentro do noso frigorífico pode conter unha auténtica reliquia senón que aumenta as esperanzas de que mundos que orbitan outras estrelas na nosa galaxia tamén alberguen o líquido elemento, e quen sabe se algo máis.
Non somos os únicos posuidores da auga. Esta foi encontrada a través de todo o Sistema Solar, en cometas e lúas xeadas ou nas escuras concas de Mercurio. Mesmo nas mostras de meteoritos, na Lúa e en Marte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario