SLIDER

viernes, 19 de septiembre de 2014

Maven chega a Marte en busca da súa atmosfera perdida

Maven, que custou 671 millóns de dólares, é un artefacto non tripulado de 2,4 toneladas lanzado en novembro de 2013 dende Cabo Canaval en Florida (EUA). «Ata agora o funcionamento da sonda e dos seus instrumentos van ben», dixo David Mitchell, do centro Goddard de voos espaciais da NASA e responsable do proxecto. Unha vez en órbita provisoria, a sonda comezará un período de cinco semanas de calibraje do seu instrumental.

Despois, situarase sobre unha órbita elíptica definitiva de catro horas e media, que lle permitirá realizar observacións de todas as latitudes e todas as capas da atmosfera superior de Marte, cunha altitude variable de 150 km ata máis de 6.000 quilómetros.

«A Misión Maven tratará de responder onde se foi toda a auga que estaba en Marte nun pasado distante, así como o dióxido de carbono (CO2)», di Bruce Jakosky, da Universidade de Colorado e principal científico do proxecto. «Estes son asuntos importantes para comprender a historia de Marte, do seu clima e da posibilidade da vida (nese planeta), polo menos de vida microbiana», sinala.


O lanzamento produciuse o 18 de Novembro de 2013. Vídeo



No hay comentarios:

Publicar un comentario