SLIDER

lunes, 15 de septiembre de 2014

Avelino Corma, Premio Príncipe de Asturias de Ciencia 2014


Todo empezou cando Avelino Corma (Moncófar, Castelló, 1951) empezou a axudar ao seu pai a plantar melóns, patacas e tomates. O flamante Premio Príncipe de Asturias de Ciencia 2014 era entón un neno inquedo e curioso, con moitas ganas de descubrir o mundo. Hoxe, non ten ningunha dúbida de que naquela horta non só xermolaron manxares deliciosos, senón que tamén se sementaron as sementes da súa propia vocación científica.

O que de verdade o estimula, e máis lle comprace, é a transferencia de coñecementos dende o seu laboratorio á industria, para mellorar a vida cotiá das persoas. As innovacións pioneiras que liderou Cormadende o ITQ para o desenvolvemento de catalizadores e novos materiais xa revolucionaron a produción de moitos dos produtos que nos rodean na nosa vida cotiá, dende o combustible nos nosos vehículos, ata os plásticos, os cosméticos e os medicamentos. Ademais, as súas innovacións supuxeron avances fundamentais na chamada Química Verde, reducindo de xeito moi significativo a xeración de residuos en industrias contaminantes como a petrolífera e a farmacéutica.

«O máis importante que logramos é demostrar como se pode aplicar o coñecemento básico de fenómenos que se producen a nivel molecular en moitos sectores industriais, xerando así riqueza e benestar. Isto, nun país como España onde existe pouca transferencia tecnolóxica, paréceme moi importante», asegura Corma.


Entrevista:

No hay comentarios:

Publicar un comentario