SLIDER

domingo, 21 de septiembre de 2014

UN ESTRONDO QUE ANUNCIA O OUTONO

Dende a súa base non se escoita outro son. 
Con 423 metros, a fervenza de Gavarnie é o salto de auga máis alto de Europa, pero só unha das moitas que se lanzan neste enorme circo rochoso do Pireneo francés. Arriba, na crista, a inmensa tajadura da Brecha deRolando comunica este parque nacional co español de Ordesa e Monte Perdido.

A medida que cae a auga pulverízase e o estrondo xordo deixa paso a un siseo agudo, unha chuvia fina que empapa todo o val e domina a paisaxe sonora, amplificada, multiplicado mil veces polas paredes cóncavas de rocha.



No hay comentarios:

Publicar un comentario