Esta imaxe captada polo telescopio MPG/ESO do Observatorio La Silla, en Chile, resulta do máis intrigante.
Nela o espazo esténdese como unha cortina de terciopleo negro callado de estrelas pero no centro ábrese o que parece un burato, un rachón inmenso no que só hai escuridade. Nada máis lonxe da realidade.
Ese aparente baleiro é unha burbulla de gas e po chamada Lupus 4 que oculta as estrelas de fondo como o faría unha nube gris nunha noite sen lúa. Precisamente, é nestas densas burbullas de materia onde se forman novas e radiantes estrelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario