O zylon (
poli(p-fenileno-2,6-benzobisoxazol))
é unha fibra sintética de altas prestacións, desenvolvida pola empresa Toyobo, situada en Osaka, Xapón. Os seus creadores presumen que é a fibra con máis alta resistencia á tracción, así como unha gran resistencia térmica. Conséguese mediante a mestura dun polímero chamado PBO (para fenileno benzobisoxazol) forzándoo a través dunha máquina giratoria. O PBO ten unha estrutura química que é difícil de procesar. A resistencia do Zylon é preto de 10 veces maior á do aceiro (un fío de zylon de tan só 1 mm de espesor pode soster un obxecto de 450 Kg de peso). Conta cunha excelente resistencia ao lume, soportando temperaturas de ata 650 graos centígrados e máis resistente a impacto que o aceiro e o carbón.
Úsase na Fórmula 1 para a fabricación do habitáculo de seguridade dos monoplazas desde a tempada 2007 e como reforzo no visor do casco.1 Usouse en partes do vehículo de exploración MER, (Mars Exploration Rover). Usouse para facer chalecos antibalas, pero foron retirados debido á degradación co tempo do produto.
O Zylon tamén se utiliza para a fabricación de fibra óptica. No ano 2001 a Administración Nacional para a aeronáutica e o espazo (NASA), de Estados Unidos, utilizouna como material de reforzo en globos de observación espacial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario