SLIDER

martes, 15 de marzo de 2016

Xenética Humana. Tema 6 Bioloxía 4º ESO

De maneira moi xeral, dise que o xenoma é todo o ADN dun organismo, incluídos os seus xenes, uns trinta mil no caso dos humanos (ata hai pouco pensábase que eran sobre oitenta mil).


Ao dicir "todo o ADN" dun organismo téndese a pensar en "o ADN de todas as células" (sumadas) do organismo, o cal é certo, pero cunha excepción, o ADN de todas elas é o mesmo, por tanto, en cada célula está contido o xenoma.

Con excepción dos glóbulos vermellos, os cales non teñen núcleo, o xenoma humano está localizado no núcleo de cada célula diploide do corpo.

Os humanos posuímos dez billóns de células. Cada célula ten un núcleo no que se almacena a información xenética en 46 cromosomas organizados en 23 pares de cromosomas e que constitúen o que se coñece como o xenoma humano.


é posible que os xenes tamén inflúan na nosa personalidade? 

Punset indaga sobre esta cuestión co xenetista Dean Hamer; 

Hamer suxire que a felicidade tería unha compoñente xenética






No hay comentarios:

Publicar un comentario