SLIDER

viernes, 4 de marzo de 2016

Unha pequena libélula, récord mundial de distancia en voo


Non chega aos 4 cm de lonxitude, pero é o animal que maiores distancias percorre en voo, nada menos que ata 7.000 km sobre os océanos, cando migra dun continente a outro. Chámase Pantala flavescens e é unha pequena e fráxil libélula. Biólogos da Universidade de Rutgers-Newark (EE.UU.), descubrírona en lugares tan distantes como Texas, Canadá, Xapón, Corea, India e América do Sur.

Estas libélulas teñen adaptacións, como o aumento das superficies nas ás, que lles permiten utilizar o vento para desprazarse. Aletean e aletean e logo deslízanse durante longos períodos, gastando cantidades mínimas de enerxía. De feito, observáronse libélulas cruzando o Océano Índico de Asia a África. O motivo, segundo Daniel Troast, quen analizou as mostras de ADN das libélulas, é «seguir o clima». Pasan de India, onde é a tempada seca, a África, onde é a tempada húmida, unha vez ao ano.

O caso é que as Pantala necesitan a humidade para reproducirse, razón pola que estes insectos poderían animarse a tentar unha viaxe tan perigosa, que Ware cualifica como unha «especie de misión suicida». A especie depende diso. Aínda que moitas morrerán no camiño, a condición de que haxa suficientes, a especie sobrevivirá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario