AMD presentou a súa nova arquitectura de alto rendemento Zen. Segundo os executivos da compañía Zen ofrece unha mellora do 40 % no ciclo de instrucións por reloxo en comparación co núcleo da xeración anterior de AMD, sen aumentar o consumo enerxético.
Esta nova familia alimentará e potenciará servidores, redes e solucións de almacenamento para data centers, ata notebooks e PCs de escritorio, para consumidores hogareños, empresariais e tamén para gamers, por exemplo, potenciando xogos 4K.
"Hoxe os consumidores esperan obter o máximo rendemento dos seus sistemas para crear experiencias transformadoras. O deseño versátil de Zen ofrece un rendemento de alta eficiencia que proporcionará aos usuarios unha maior capacidade de cómputo e procesamento", dixo Linley Gwennap, analista principal de Linley Group.
No hay comentarios:
Publicar un comentario