Ás 13.19 deste venres a Axencia Espacial Europea (ESA) confirmou o impacto e a desconexión da nave Rosetta, e a finalización da primeira misión da historia que logrou tocar e explorar un planeta e que no camiño conseguiu importantes pistas sobre as orixes da vida e do Sistema Solar.
«Declaro as operacións da misión Rosetta pechadas», con estas palabras, Patrick Martin, da Axencia Espacial Europea (ESA) puxo punto e final á primeira misión en chegar e pousarse sobre un cometa. Exactamente ás 12.39 horas, o satélite estrelouse contra o cometa 67P/Churyumov Gerasimenko, despois de máis de dous anos de observacións e doutros dez de viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario